No encontro CIBER.gal, os expertos abordarán durante dous días, 9 e 10 de novembro, o estado da ciberseguridade no ámbito público e privado.
A xuntanza é unha das iniciativas promovidas e organizadas no marco do nodo galego de ciberseguridade impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridade, o Centro Criptolóxico Nacional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica, AMTEGA, deputacións e concellos.
O director da Área de Infraestruturas e Seguridade de AMTEGA apoiaba a creación dun grande centro de datos autonómico, unha “nube galega”. Un proxecto no que estuda Impulsa Galicia, a sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia, e que aspira a captar fondos europeos.