As tropas ucraínas entraron este venres en Jersón pouco despois de que o Exército ruso completase a súa retirada da marxe dereita do río Dniéper e da única capital de provincia que lograran ocupar. Trátase da cidade máis importante recuperada por Ucraína nas ofensivas lanzadas nos últimos meses contra a invasión rusa que lles permitiron liberar amplas zonas de territorio nos sectores norte e sur da fronte.
O presidente ucraíno VolodímirZelensky tamén celebrou a retirada: «Hoxe é un día histórico. Estamos a recuperar o sur do noso país, estamos a recuperar Jersón. As unidades especiais xa están na cidade. O pobo de Jersón esperou e nunca renunciou a Ucraína. A esperanza en Ucraína sempre está xustificada. Ucraína sempre volve ao seu ser».
Vídeos difundidos nas redes sociais mostran a veciños de Jersón na praza central con bandeiras ucraínas á espera da chegada das tropas de Kiev, mentres gritan consignas como «Gloria a Ucraína«. Outras gravacións que mostran a soldados ucraínos instalando a bandeira do país no edificio da oficina rexional da policía nacional, ao sueste da cidade. Nun ambiente festivo onde os veciños liberaron a angustia de meses de ocupación congregáronse no centro de Jersón expresando o alivio dunha presenica rusa que esperan desaparecese da súa cidade definitivamente.