Ferida unha muller tras incendiarse a campá extractora na súa vivenda de Santiago

1 minutes read

A muller, dona da vivenda, foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago ao presentar queimaduras tras producirse o incendio.

Ela mesma contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que lle ardía a campá extractora da casa, situada na Rúa de Melide, en Santiago de Compostela.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras rematar as tarefas de extinción, os Bombeiros confirmaron que unicamente ardera a campá extractora e que a dona da vivenda resultara ferida con queimaduras.

Os servizos sanitarios confirmaron o traslado da muller ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.