A Xunta apoia a modernización dos cines de Carballo

1 minutes read

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de facer pública a resolución de concesión de máis de 500.000 euros en axudas para a modernización de 16 espazos de exhibición cinematográfica situados en 15 localidades galegas. Con este investimento, cofinanciará ata o 80% dos proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, captación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual destas salas de cinema, que suman 86 pantallas e unha capacidade próxima ás 16.500 butacas. Atendéronse a través desta nova liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a totalidade das solicitudes que reunían os requisitos especificados na convocatoria, de xeito que entre a listaxe de espazos subvencionados están os Multicines Bergantiños de Carballo.