A OTAN aumenta a presión sobre Rusia para que destrúa o seu novo sistema de mísiles. O secretario xeral da organización considera que se trata dun problema moi serio. “Estes mísiles”, dixo Jens Stoltenberg, “teñen capacidade para transportar ojivas nucleares. Poden alcanzar cidades europeas en cuestión de minutos”. Os ministros de Defensa da Alianza Atlántica reúnense esta semana para analizar como salvar o Tratado de Forzas Nucleares de Alcance Intermedio. Estados Unidos ameaza con abandonalo, o próximo 2 de agosto, se Rusia non renuncia ao proxecto. A OTAN, pola súa banda, prepara xa unha resposta defensiva, o que implica que só despregaría sistemas anti-mísiles.