Estes apoios contaron cun orzamento de 650.000 euros para toda Galicia. Concretamente, nas comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte foron beneficiarias 15 axencias deste tipo que recibiron en total máis de 110.000 euros para axudar ao desenvolvemento das súas actividades. Esta orde foi dirixida a todas as axencias de viaxe, que teñan un centro de traballo na comunidade galega e estivesen inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia. Nas bases consideráronse gastos subvencionables todos aqueles comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de outubro de 2022 como os gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia e gastos derivados da transformación dixital, cun importe máximo de subvención do 100 % do gasto subvencionable.
21