María Nogareda, exconcelleira de Educación e que concorreu ás eleccións municipais por Alternativa dos Veciños, é desde este venres a nova alcaldesa de Sada, tras prosperar a moción de censura contra o ata o de agora alcalde, Benito Portela, de Sadamaioría. A moción de censura foi propiciada polos dous edís elixidos nas últimas eleccións municipais por Alternativa dos Veciños -que conformaron o goberno tripartito xunto a Sadamaioría, con seis edís, e BNG, con dous–, e que foron expulsados; os cinco do PP –con expediente disciplinario– e os dous do PSOE, tamén expulsados de forma provisional. Antes do inicio do pleno, coa presenza duns 300 asistentes na Casa da Cultura, despregáronse pancartas co lema como ‘Fóra tránsfugas’, ‘Non á moción’ ou ‘Sada non paga a traidores’. Pola contra, Benito Portela foi recibido con aplausos e coreando a palabra de «alcalde». María Nogareda decidiu non intervir, no pleno, ante os berros que se escoitaban cara á súa persoa.
18