Iniciadas as obras de mellora e humanización de pistas no lugar de Mourín, en Camariñas

1 minutes read

A actuación conta cun orzamento de preto de 48 mil euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Actualmente estas vías teñen un elevado grao de deterioro que impide o seu uso normal tanto para peóns como para vehículos polo que o obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, pavimentando as estradas, instalando nova sinalización e habilitando unha maior superficie para o uso peonil.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “con esta actuación as vías que unen a estrada Pista a Mourín con Mourín e con Pión van a conseguir un grao de humanización, mellorando notoriamente a seguridade viaria”.