16
O Concello de Zas vén de rematar a mellora e a apertura de máis de 4.400 metros de camiños forestais. As obras, executadas pola empresa Construcciones Damaso Ferreiro e Hijos, S.L., leváronse a cabo en camiños pertencentes á parroquia de Gándara que soportan un alto tráfico de vehículos agrícolas e que requirían unha actuación que garantise a mobilidade e a seguridade circulatoria. Os traballos realizáronse en función das necesidades de cada camiño e, en termos xerais, consistiron na limpeza e apertura de cunetas e na pavimentación con zahorra.