Arteixo | Os traballos técnicos da urbanización de Morás serán licitados por máis de 270.000 €

1 minutes read

A Xunta de Galicia licitará por un importe global de 271.738,06 euros os contratos de dirección, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde das obras de urbanización correspondentes ao polígono C do parque empresarial de Morás, no concello de Arteixo.

Así o autorizou o consello de administración de Xestur na súa última reunión. 271.738,06 euros nos tres contratos, dos que 165.459,89 corresponden á dirección de obras, 78.516,90 ao control de calidade e 27.761,27 á coordinación de seguridade e saúde. Este novo ámbito do parque empresarial de Morás ocupará unha superficie total de 227.554 metros cadrados, dos que 98.213 corresponden ás 69 parcelas en que se dividirá.

Actualmente, neste polígono están xa urbanizadas as fases A e B, cunha superficie de máis de 1,15 millóns de metros cadrados, dos que máis de 815.000 metros corresponden a parcelas e o resto, a zonas verdes, espazos libres, aparcamentos, viarios, etc. Deste total están adxudicados preto de 680.000 metros cadrados.