Sete mortos nun tiroteo nun supermercado de Virginia, EE.UU.

0 minutes read

O tiroteo ocorreu en Chesapeake, no leste do estado de Virginia, cando o supermercado da cadea Walmart se atopaba aberto ao público. O encargado disparou cunha pistola contra polo menos dez dos seus compañeiros que se atopaban na sala de descanso de empregados do supermercado. Coa mesma pistola suicidouse despois da matanza. Este novo tiroteo en EE.UU. ocorreu só uns días despois de que un tirador matase a cinco persoas e ferise a outras 17 nun club LGTBQ de Colorado.