A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou a escola infantil municipal de Santa Comba onde sinalou que a Xunta concederá 210.000 euros a este Concello para a ampliación deste centro en 20 prazas. Isto suporá incrementar nun 25% a oferta destas instalacións de atención a nenos de 0 a 3 anos ata un total de 80.
A conselleira lembrou que o Goberno galego aposta por un rural vivo, con recursos e no as familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar do mesmo xeito que nunha cidade. Para perseguir este obxectivo, destacou o impulso de medidas coma a gratuidade de todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, que beneficia a 31.000 familias galegas e á que a Xunta destina 55 millóns de euros ao ano.