6
Este luns quedou activado o Plan de risco por inundación polo aumento do caudal dos ríos Dubra e Tambre na provincia da Coruña por mor das altas posibilidades de desbordamentos. Segundo informou o 112 Galicia, as estacións do Dubra-Tambre superaron os límites establecidos, polo que se espera que aumente o risco de inundacións. Non se desbota que nas vindeiras horas quede activado o Plan Inungal en máis ríos da nosa comunidade por mor das chuvias previstas. A Xunta recomendou a posta en marcha das medidas de autoprotección necesarias e alerta a poboación para que aumente a precaución ao circular por vías ou pontes nas proximidades destes ríos.