Ferrol renovará nove parques infantís no primeiro trimestre do ano

1 minutes read

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, anunciou que o recinto para nenos de Esteiro contará cun novo xogo camión de bombeiros. Tamén se intervirá tras Nadal no da Praza Vella, Amboage, Canido, Pablo Iglesias, Juan de Austria, San Pablo, San Felipe e no da Casa de Acollida.

En canto ao de Esteiro, substituirase un dos xogos actuais, o elefante tobogán, por un camión de bombeiros de preto de 2 metros de alto e recomendado para ata 6 pequenos. Ademais se pintará o resto de elementos para unificar o espazo. No de Amboage substituiranse dous xogos (os máis preto ao acceso ao recinto) por un novo carrusel e unha pequena locomotora e no de Canido se acondicionarán elementos para nenos de menor idade tendo en conta que se atopa próximo a unha escola infantil. Deste xeito, colocarase unha casita e un multixogo tipo torre con tobogán. 

No de Pablo Iglesias (Esteiro) o Concello vai substituír o columpio cesta e un tobogán e no de Juan de Austria (Caranza) instalarase un columpio inclusivo. Tamén se dotará dun xogo casita o recinto infantil de San Pablo e adaptarase á normativa vixente o parque de San Felipe. O Concello tamén actuará no parque da Casa de Acollida, onde se colocará no chan caucho continuo de cores e tres novos xogos: unha casita, un coche resorte e un elemento estático.