Os prezos para os espectáculos no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo sen cambios en 2023

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa primeira xuntanza do ano os detalles da organización da cabalgata de Reis e tamén os prezos públicos para os espectáculos que se desenvolven no auditorio do Pazo da Cultura, que se manteñen sen cambios un ano máis.

Por unha banda establécese un prezo xenérico de 3 euros para actuacións de grupos profesionais que non vaian dirixidas a un colectivo concreto. Por outra, para os espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios fíxanse uns prezos mínimos que poden oscilar entre 3 e 5 € en función dos cachés dos artistas. Os colectivos de maiores de 60 anos, menores de 18 e posuidores de carné de estudante beneficiaranse dunha bonificación que poderá acadar ata o 50% como máximo.