17
O Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este sábado un concerto da pianista Marianna Prjevalskaya. Será ás 20:30 horas e non fai falta reserva. Marianna Prjevalskaya, mestra do piano, naceu en Moldavia, pero medrou preto da Orquestra Sinfónica de Galicia, na que o seu pai era axudante de concertino. Por outra banda, este domingo terá lugar a XIV edición do Duatlón de Reis, evento que iniciará o Circuíto Galego 2023 de Duatlón Cross.