Un veciño de Coristanco gaña 186.000 euros no sorteo da Bonoloto

0 minutes read

Prefire manterse no anonimato, pero está “fichado”. Un veciño de Coristanco resultou agraciado coa cantidade de 186.000 euros no sorteo da Bonoloto do pasado xoves. O boleto fora selado na popular tasca A Pataca do propio Verxel de Bergantiños. Ao agraciado, tras unha xogada de 3,50 euros, correspondeulle un dos dous únicos premios de máxima categoría que se validaron en España.