Pontecesures | 400 atletas participarán este domingo na XXII Carreira Popular

1 minutes read

Un total de catrocentos atletas participarán na XXII Carreira Popular de Pontecesures, que terá lugar este domingo 15 de xaneiro a partir das 11:00 horas. Un evento que pechou na noite do mércores as súas inscricións e no que a totalidade da recadación será doada a proxectos de auxilio e protección a persoas que participan nos programas de emprego e comedores sociais de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

“A maiores, o propio domingo Cáritas instalará un punto de recollida solidaria na Plazuela, saída e meta de todas as probas, onde todas as persoas que o desexen poderán colaborar mediante a achega de alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados. Dende o Concello facemos un chamamento a atletas e á veciñanza á colaboración, pois todo o entregado será destinado a comedores sociais”, apunta a concelleira de Deportes, Laura Villar. Unhas achegas que se sumarán á recadación polas inscricións nas categorías júnior e máster, ás aportacións realizadas a través do Dorsal Solidario e á publicidade das empresas patrocinadoras da proba