21
Este accidente produciuse na parroquia de San Lourenzo de Agualada (Coristanco), unha persoa tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios. O 112 Galicia recibiu, pasadas as 6:15 horas da mañá, a chamada do condutor implicado, que explicaba que colidira cunha árbore que cortaba por completo a estrada AC-552, á altura do quilómetro 43, e se queixaba de dor no pescozo. No operativo de atención ao ferido, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Coristanco e os servizos de mantemento das estradas. Por outra banda, ás 8:30 horas o obstáculo quedaba retirado da vía polos servizos de emerxencias.