O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, iniciou os traballos para renovar a rede de saneamento entre as rúas Cardenal Cisneros e González del Villar, no barrio da Sagrada Familia.
As obras comezaron coa previsión de que estean rematadas na primeira semana de febreiro. Neste sentido, o Concello está a acometer a substitución dos colectores, feitos con base de gres e con 200 mm de diámetro exterior, por uns novos, de PVC e cun diámetro máis amplo, de 315 mm.
A intervención está centrada, moi específicamente, no sector central de Cardenal Cisneros que conflúe coas rúas Sagrada Familia, San Lucas e González del Villar, nun tramo de case un centenar de metros no que os colectores asociados á rede eran xa antigos.