Turquía ameaza con non apoiar a entrada de Suecia na OTAN

0 minutes read

Turquía advirte a Suecia que non dea por seguro o levantamento do veto para a súa entrada na OTAN tras a queima dun exemplar do Corán ante a súa embaixada en Estocolmo. O presidente Recep Tayip Erdogan, pediu respeto para o seu país e a fe dos musulmáns. Un acto contestado cunha concentración fronte ao consulado sueco en Istambul, onde se prendeu lume unha foto do ofensor, o activista antiislámico Rasmus Paludan. O principal grupo talibán paquistaní tamén condenou o sucedido.