Tamén pereceu o presunto autor do tiroteo, que foi abatido cando tentaba darse á fuga. Segundo medios locais, a policía está a buscar a outros posibles implicados. O atentado, o máis mortífero dos últimos anos en Israel, produciuse en Neve Yaakov, un asentamento de colonos xudeus no Xerusalén este ocupado, onde se despregou un amplo dispositivo policial. Milicias palestinas celebrárono como unha vinganza tras a morte o xoves de 10 palestinos por forzas irsaelíes. Tras o ataque, o movemento islamita Hamás, que goberna de facto a Franxa de Gaza, celebrou o ataque a través dos altofalantes das mesquitas, pero sen adxudicarllo. Tamén se escoitaron disparos ao aire no enclave costeiro mentres numerosos automobilistas soaban as súas bucinas gritando “Deus é grande”.
18