As sancións económicas contra Rusia expiraban o 31 de xaneiro, agora farano a finais de xullo. Bruxelas e os 27 Estados da Unión manteranas mentres Rusia persista na invasión e non se retire dos territorios ucraínos conquistados. As restricións afectan ao comercio, capando os ingresos do petróleo ou gas; bloqueando a industria con vetos a compoñentes tecnolóxicos; ou contra os bancos rusos ao expulsalos de sistemas internacionais de pagos.
A economía rusa está a sufrilas. O seu PIB reducírase entre un 3 e un 4% no 2022 e este ano a recesión tamén superará o 2%. A bolsa rusa perdeu un terzo do seu valor dende o comezo da invasión e a inflación tocou picos do 14%.
Agora, Bruxelas e os países da UE xa estudan un noveno paquete de sancións para bloquear internacionalmente a venta de drons, os avións de combate non tripulados cos que Moscova ataca Ucraína.