Mobilizados os servizos de emerxencia por un incendio no IES Alfredo Brañas de Carballo

1 minutes read

O 112 Galicia recibiu a alerta dun incendio no centro educativo ubicado na rúa da Vila de Corcubión, ás 8:35 horas da mañá deste xoves.

Foi o persoal do instituto quen deu conta dos feitos ao 112 Galicia. Segundo indicaba na súa comunicación, atoparan o laboratorio de química do centro cun cheiro a queimado e moita calor no interior. Engadía que non había lapas nin persoas afectadas.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Carballo e da Policía Local.

Segundo confirmaron os Bombeiros ao 112 Galicia, cando chegaron non había lume, quedaba un pouco de fume e ventilaron. Indicaron que si houbera un incendio que se extinguira por si mesmo ao producirse nunha zona pechada. Ardeu un cadro eléctrico e un carro da limpeza.