Carballo acollerá este xoves unha charla coloquio ‘Á procura das vítimas de Bértoa’

2 minutes read

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), a Asociación Lumieira e Espiral Maior organizan o vindeiro xoves 9 de febreiro un coloquio baixo o lema Á procura das vítimas de Bértoa. Neste acto informativo e de homenaxe participarán: Carmen García-Rodeja, profesora e voceira da ARMH Galicia; Xan Fraga, profesor e historiador; Miguel Anxo Fernán Vello, escritor; Jose Manuel Boedo e Dolores Pujo, familiares de Juan Boedo Pardo, vítima de Bértoa y Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

Dende hai máis de vinte anos, a ARMH investiga e traballa para a recuperación das persoas represaliadas pola dictadura franquista.

A instancia da familia e a veciñanza, investigouse o caso de catro veciños da Coruña que foron secuestrados e asasinados. Os corpos, con feridas de bala, apareceron o dia 29 de setembro de 1936  no Campo de Morgade en Queo de Arriba, e foron soterrados no cemiterio de Bértoa.

Estes homes eran:

Juan Boedo Pardo, de 28 anos, veciño de Cristobo das Viñas (A Coruña). De profesión gasista.

Andrés Pinilla Fraga, de 52 anos. Vivía na Coruña e foi conserxe do Colexio Notarial da Coruña.

Pedro Pinilla Calvete, de 21 anos e nado na Coruña. De profesión mecánico.

Francisco Miguel Fernández Díaz, de 38 años. Pintor, ilustrador, libreiro  e crítico de arte. Unha das grandes realidades artísticas da Galicia do seu tempo e nome mítico da pintura galega contemporánea.  

Nesta charla vaise falar do proceso de investigación previo ó traballo de exhumación dos corpos destes catro represaliados, despois dos permisos concedidos, so falta o do obispado.

A prospección realizarase no lugar sinalado pola documentación e as fontes orais, no lateral esquerdo da entrada do propio cementerio.

Tamén se chamará a atención na busca dos familiares dos Pinilla, diezmada por ter catro membros secuestrados e asasinados.

O encontro terá lugar este xoves 9 de febreiro ás 19,30  en Espiral Maior Foro (rúa do Sol 34, Carballo) ás 19:30h.