Cerceda | Aberta a inscrición para o programa ‘En forma mente e corpo’

1 minutes read

O Concello de Cerceda abreu a inscripción para o programa ‘En forma mente e corpo’ que iniciará a formación o vindeiro 25 de febreiro no Viveiro de Empresas, de 10:00 a 12:00 horas.

Poderase facer efectiva ata o 17 de febreiro no teléfono 981 68 60 68, así como solicitar información a través desta canle. Será completamente de balde, impartirase en 12 sesións de dúas horas de duración cada unha e as prazas serán limitadas e cubertas por rigorosa orde de inscripción.

O obxectivo primordial deste programa é dotar á veciñanza de ferramentas para poder mellorar o seu benestar emocional baseándose en tres piares fundamentais: alimentación saudable, actividade física e actitude.