Betanzos podería iniciar un sistema de venda forzosa de inmobles en situación ruinosa

1 minutes read

O Concello publicou no Boletín Oficial da Provincia a declaración de incumprimento por parte dos propietarios de tres ordes de execución nos números 16 e 18 da avenida Linares Rivas e no número 7 de Otero Pedrayo. Os interesados dispoñerán de 20 días para consultar o expediente, comparecer e formular cantas alegacións, suxerencias ou reclamacións consideren convenientes.

Trátase de expedientes que unidos a outro xa aberto en Saavedra Meneses nos que os propietarios non cumpriron, en reiteradas ocasións, as ordes de execución e emitidas polo Concello anteriormente a esta última.

Agora, tras o trámite de audiencia, o Concello ten varias alternativas para que se melloren as condicións dos inmobles, entre elas, a declaración de venda forzosa destas vivendas.

Para iso, abriríase un proceso no que se incluiría a taxación do inmoble e a poxa do mesmo co obxectivo de que a casa fose recuperada.