Laxe saca adiante o Plan de Obras e Servizos coas críticas do BNG

1 minutes read
  • O edil nacionalista, Xosé Manuel Pose, denuncia que dúas obras foran incluidas no de 2022 pero quedaron sen executar.

O Concello de Laxe aprobou este venres en Pleno Extraordinario o POS+2023 da Deputación da Coruña. O pleno non estivo exento de críticas, nas que destacou o voceiro do BNG, Xosé Manuel Pose. O nacionalista asegurou que dúas das obras xa foran incluidas no Plan do ano 2022 e quedaran sen executar. Estas obras son as relativas a mellora da senda de Santa Rosa á praia de Soesto por 86.478,55 euros e a mellora do acceso e explanada exterior á Igrexa de San Estebo de Soesto por 40.252,15 euros.

Indo máis alá, dende o BNG denuncian tamén que tanto no Plan de 2020 como en 2021 quedaran tres obras máis sen executar cada ano. Outra das obras que se aprobou foi a mellora e humanización da explanada e o aparcamento da Igrexa de San Mamede de A Torre.

Noutra orde de cousas foron aprobados o reforzo de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais do Concello ou a ampliación do servizo de axuda a domicilio.