16
Os cercedenses recuperaron os bailes semanais dos sábados que se desenvolven no local social de o Museo do Moucho. Con estes guateques a intención do Concello é que, por unha banda, os veciños se socialicen e, por outra, que se manteñan en forma. Esta semana a sesión celebrouse de 19.00 a 22.00 horas con amenización musical do Dúo Charada.