Éxito do curso de Poda de Froiteiras organizado polo Concello de Ponteceso

1 minutes read

Ante a gran demanda de solicitudes para realizar o curso de poda, o Concello de Ponteceso fixo dúas quendas de 30 persoas cada unha en diferentes horarios, que esta sendo impartido polo operario técnico especializado, Miguel Ángel Nogueira Canle. A primeira queda, que comezou este luns, realízase en horario de 16:00 a 17:30 horas e a segunda de 17:30 á 19:00 horas. O curso desenvolverase ata o 17 de febreiro. Cada alumno recibirá o seu caderno informativo cos diferentes conceptos relacionados coa poda que se van a tratar durante as xornadas. O Concello continua así con iniciativas de carácter gratuíto para a cidadanía.