Os desfiles e concursos do Entroido regresaron con moita forza a moitas vilas ca Costa da Morte. En Carballo este domingo, con nivelón de disfraces e moitísimo público. Estos foron os premios entregados:
Carrozas
1º premio: Voda hindú
2º premio: Festarrachada
Comparsas adultos
1º premio: Maritenda City
2º premio: Carnaval veneciano
1º accésit: As chilindradas de Vilaño
2º accésit: As voltas do mundo
3º accésit: A poza dos parrulos
4º accésit: Rumba 20.2023
Grupos adultos
1º premio: Os galox da Breax
1º accésit: Su majestad la reina Isabel II de Inglaterra
2º accésit: Lego family
Comparsas infantís
1º premio: As chismosas do barrio
2º premio: Madamitos, madamas e chaláns
3º premio: Lacasitos
1º accésit: Candelaria
Grupos infantís
1º premio: Chocolate
1º accésit: Transformers
2º accésit: Mujercitas
Individual infantil
1º premio: Home invisible
2º premio. O coello de pascua
3º premio: A nena e a boneca
1º accésit: Mini iroman
Premio especial Choqueiro de Bergantiños: a directora da Poza dos parrulos.

As rúas de Malpica protagonizaron un fermoso entroido que contaxiaba ledicia e divertimento cuns entroideiros e entroideiras que amosaban os seus mellores disfraces durante o desfile amenizado pola Charanga NBA.
Despois do desfile tocou a quenda das piñatas onde os máis pequenos gozaron competindo por ser os mellores.
Estes foron os gañadores dos premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica:
1° premio 200,00 € Os flamenquiños
2° premio 100,00 € Chupipandi
3° premio 50,00 € Parella de Unicornios

Ponteceso, disfrutou do seu carnaval nunha fermosa tarde de bo tempo, que arrancou co desfile polas rúas da vila nun ambiente festeiro ata o pavillón. A festa rematou no pavillón municipal coas actuacións dos entorideiros e entroideiras que demostraron todo o seu bo facer sobre o escenario para alzarse cos preciados galardóns. Foron once as comparsas que no día de hoxe se animaron a participar orixinais, e todas levaron premio en función do número de persoas que as integraban, do seguinte xeito:
” OS TIKTOKES DE 6°B ” , 250€
“GOD SAVE THE QUEEN”, 200€
” OS TERRORÍFICOS”, 250 €
“AMOR EN VENECIA ” 250 €
” UNITARIA DO CAMPO DA ESCOLA DE ANLLÓNS” 100 €
” ESCOLIÑA DE REGUEIFEIROS” 250€
” O NINGAJO” 100€
” CORME, O WESTER, DE PONTECESO ” 250 €
” A NENA ESTÁ MÁL” 100€
“LIBÉLULAS ” acadou o premio especial de 350€
“MAMMA MÍA” 100€
A decisión do premio especial foi tomada polos propios participantes. O vindeiro martes 21 de febreiro será a quenda do baile de disfraces no Pavillón de Corme. A festa comenzará ás 17.30 horas con inchables e fotomatón e ás 18.30 haberá desfile, obsequios, obradoiros, dj, e moita animación musical para rematar cunha degustación.