A concelleira socialista Alba Toba reclamoulle ao Concello da Laracha que asuma as obras de mantemento da estrada local entre A Cachada e Mirón cunha nova capa de asfalto que tape os danos do firme. Toba alerta de que o estado “moi deficiente” dunha estrada moi utilizada polos veciños e veciñas pon en risco a seguridade da vía.
Esixiulle ao goberno local que asuma a instalación dunha nova capa de asfalto neste vieiro de apenas 1,2 quilómetros de lonxitude “antes de que se converta nunha estrada intransitable” para os vehículos.
Reprochoulle ao Grupo do PP ter a estrada no estado “lamentable” que padece, xa que seegundo afirman os socialistas, se negaron a incluíla no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, tal e como pedira o PSOE en maio de 2021. Subliñou que “daquela rexeitaron a nosa proposta, quedou fora do POS e agora o Concello ten que asumir unha obra inaprazable”.
14