Abriu as súas portas o único museo de etnografía e de historia na comarca de Ordes

1 minutes read

O Museo da cultura e tradicións de Frades (MUFRA) abriu as súas portas no segundo andar do edificio multiúsos. Un proxecto que reúne pezas da antiga colección de apeiros de labranza do Concello de Frades e outras pezas relacionadas co traballo no rural do municipio, achegados pola propia veciñanza.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que con este proxecto “queremos recoller e amosar ás futuras xeracións a rica herdanza que nos deixaron os nosos antepasados, dar a coñecer a súa forma de vida, os seus costumes e a súa forma de vida a través de obxectos, documentos e rexistros fotográficos”. Neste sentido, puxo en valor a colaboración dos veciños e veciñas de Frades pois “coa súa axuda desinteresada recuperaremos e garantiremos que o noso patrimonio cultural non desapareza nunca”.