A exposición ‘Picasso branco no recordo azul’ amplía o seu horario de visitas

1 minutes read

O Museo de Belas Artes da Coruña, que acolle a mostra Picasso branco no recordo azul, abrirá aos visitantes os días 6 e 7 de abril, Xoves e Venres Santo, en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,00 horas de maneira extraordinaria. Ademais, seguirá o seu horario habitual na fin de semana: o sábado de 10,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 horas e o domingo en horario de mañá. A mostra,que repasa a pegada galega na traxectoria de Pablo Picasso, é a única aberta ao público coincidindo coa fecha do 50º aniversario da morte do artista. Con este motivo, o Museo de Belas Artes da Coruña tinguirase de azul desde esta noite ata o domingo pola noite para conmemorar que o sábado 8 de abril  é a data exacta do falecemento do artista, no marco da programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.