Máis de 300 persoas participaron na andaina solidaria ‘Malpica en Marcha Contra o Cancro’

1 minutes read

O paseo da praia de Malpica acolleu este domingo a andaina solidaria “Malpica de Bergantiños en Marcha Contra o Cancro”, organizada pola Asociación do Cancro de Malpica en colaboración co Concello de Malpica, onde 330 persoas participaron nunha xornada na que o bo tempo contribuíu á ampla concurrencia a esta cita.

O evento comezou cunha actuación especial da regueifeira Lupe Blanco. A saída foi ás 10:45 horas e o percorrido consistiu en ida e volta a San Hadrián. Os participantes camiñaron en grupos, sós ou con amigos e familiares. En San Hadrián realizaban unha parada para recoller unha botella de auga que repartían os membros de Protección Civil, para manterse hidratados. Ao final da viaxe, puideron reunirse para un evento especial con música en vivo da man da Escola de Acordeóns Alborada.

A finalidade desta boa causa foi recadar fondos para a loita contra o cancro, unha enfermidade que afecta a miles de persoas en todo o mundo cada ano. Entre os participantes houbo tanto veciños e veciñas de Malpica como foráneos.