O convoi cubría o traxecto entre A Coruña e Ferrol, os equipos de emerxencias e seguridade traballaron arreo para restablecer no menor tempo posible a circulación ferroviaria, que estivo varias horas cortada no punto.
O persoal de seguridade de ADIF explicou ao 112 Galicia que un tren que percorría o traxecto entre A Coruña e Ferrol alcanzara unha persoa á altura de Limodre, en Fene. O lugar do suceso acudiu o médico forense que autorizou o levantamento de cadáver e o seu traslado nun furgón xudicial ao Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario-CHUF de Ferrol onde lle será practicada a autopsia unha vez se proceda á súa identificación.
Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración no operativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Mugardos, da Garda Civil e da Policía Local de Fene. Tamén os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mugardos estiveron no lugar dos feitos. Ao mesmo tempo, informouse aos Bombeiros de Ferrol e a Protección Civil de Fene por se fose necesaria a súa intervención.