O primeiro sinistro grave deste venres tivo lugar pasados uns minutos das 11 da mañá no lugar de Pazos en Ponteceso, tras chocar un turismo contra un vehículo agrícola, nun impacto brutal no que o tractor quedou envorcado sobre a calzada e dúas persoas feridas de gravidade.
Vehículo envorcado en Malpica
O último deles rexistrouse en Malpica despois dun choque entre dous coches no que dúas persoas resultaron feridas que tiveron que ser trasladadas ao centro médico. O accidente tivo lugar na estrada de Malpica a Carballo, concretamente no lugar de Cerqueda, ás 14:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido indicando que un dos turismos quedou envorcado. En ambos os sinistros, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron o feito en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Bergantiños e dos axentes da Garda Civil de Tráficos e Policía Local. Así mesmo, deuse conta do acontecido ao persoal do GES de Ponteceso e voluntarios de Protección Civil da localidade.