Investigan a morte dun veciño de Muros de 59 anos, o seu fillo de 19 anos foi detido

1 minutes read

A Garda Civil está a investigar as circunstancias que rodean a morte dun veciño de Muros, localizado na súa casa con signos evidentes de violencia despois de que o 112 recibira unha chamada que pedía asistencia para unha persoa.

Os feitos sucederon esta pasada madrugada en Esteiro ás 00:42 horas e as primeiras investigacións apuntan ao fillo da vítima, de 19 anos, como suposto autor da agresión mortal.

Ao parecer, foi el mesmo o que deu aviso do que pasaba, pero contou que uns ladróns entraran a roubar na casa do seu pai, do que decía que é narcotraficante.

O 061, que recibiu a notificación dos feitos da central de coordinación de Urxencias Sanitarias, desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do PAC de Muros.

Alí atenderon dúas persoas: confirmaron o falecemento dun varón de 59 anos e déronlle a alta ao mozo de 19 anos, que foi investigado como suposto autor da morte violenta do seu pai, e permanece detido.