16
Un home de mediana idade faleceu este luns cando conducía o seu coche pola Nacional VI. O sinistro ocorreu arredor das dúas e media da tarde á altura de Sada. Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía. Os equipos de emerxencias non descartan que o home sufrise antes un desmaio ou un problema de saúde que lle fixo perder a consciencia.