Fernando DM Regaldie, candidato á Alcaldía de Laxe pola formación Unidas Podemos, alerta sobre a falta de adaptabilidade e accesibilidade dos parques infantís municipais.
“Nestas últimas semanas, estivemos traballando activamente no grupo para intentar detectar problemas e deficiencias no ámbito dos parques infantís do concello, despois de recibir varias queixas e suxestións por parte das nais e pais da vila”
Unidas Podemos Laxe chegou a conclusión de que os parques infantís, non están cumprindo a normativa do Decreto 245/2003, de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís y de accesibilidade universal segundo a Lei 8/1997, do 8 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG no 166, do 29 de agosto, tanto no tema da sinalización, posto que carecen de información como por exemplo: centro de saúde más preto, prohibicións de uso a maiores de idade, número de mantemento, como así tamén a de adaptabilidade nos elementos de xogo e accesibilidade para nenas e nenos con diversidade funcional ou mobilidade reducida, ademais da seguridade, como o establece a UNE-EN 1176 y UNE-EN 1177, relativas á seguridade nos equipamentos e instalacións das áreas de xogo, xa que se observan carencias, tan graves como parafusos oxidados; pezas en mal estado, incluso rotas; e falta de mantemento en xeral, sobre todo en lugares como Mórdomo, Traba, Boaño ou Soesto.
Regaldie sinala que “no parque principal da vila tamén se contemplan deficiencias notables e claros incumprimentos da lei, a pesar de que foi restaurado e acondicionado hai relativamente pouco, e que pon en grave perigo a seguridade dos nenos que fan uso de dita instalación, ademais da imposibilidade de desfrute de moitos outros, pola falta de adaptabilidade, e o descontento dos pais”.
Dende Unidas Podemos Laxe, “queremos manifestar o noso total descontento con esta situación”, conclúe