19
Medicamentos máis accesibles e asequibles. Ese é o obxectivo da Comisión Europea a través da súa proposta de reforma do sector farmacéutico. A intención, como explicaba a comisaria europea de Sanidade, Stella Kyriakides, é a de crear un mercado único de medicamentos para reducir as disparidades entre os Estados membro. Algunhas das propostas presentadas son certamente prometedoras, como a intención de reducir o período de avaliación de medicamentos da media actual de 400 días a 180 días. Tamén se pretende facilitar a entrada de xenéricos no mercado e, para incentivar o sector, os produtos innovadores poderían beneficiarse dunha exclusividade máis longa, de ata 12 anos, en determinadas condicións.