Xuntos Carballo M+J deu a coñecer dez puntos do seu programa electoral

2 minutes read

O secretario xeral de Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, asistiu ao primeiro debate que tivo lugar entre os diferentes candidatos/as á alcaldía de Carballo de cara ao 28M na parroquia carballesa de San Xoán Bautista. Un debate que puxo de manifesto o cada vez máis baixo interese da cidadanía pola política, sobre todo entre a xente moza, en 24 horas non alcanzaba nin as 70 visitas en YouTube, cando o número de persoas nas listas carballesas supera as 140. Aínda que o tema central eran os servizos sociais e a familia o candidato de Xuntos Carballo aproveitou para dar a coñecer dez puntos dos cen cos que conta o seu programa político.

1-Atención á cidadanía.
Empatizar, escoitar, actuar.
2-Servizos sociais de calidade que garantan a dignidade das persoas sen letra pequena (cheques alimentos, citas de meses, atención e xestións de calidade). Creación dun comedor social e dun albergue en colaboración con Cáritas. Xornada ampliada de atención a o público de 9 a 17 (como en moitas administracións do estado) un teléfono de urxencias de fin de semana e festivos atendido por un ou unha asistente social.
3-Control exhaustivo en materia medioambiental (vertedoiros incontrolados,maleza e especies arbóreas,talas de madeira e remate das verteduras de augas fecais a ríos ou regatos que aínda abondan en moitas zonas)
4-Melloras urxentes das estradas tanto urbanas como no rural que rematen co mal estado en que se atopan un bo número delas. Acondicionamento de beirarúas e dotación de alcantarillado.
5-Acordo de urxencia consensuado polas diferentes forzas políticas para axilizar os grandes proxectos. Circunvalación, centro de saúde e edificio para entidades sociais.
6-Cumprimento da lei de benestar animal na súa totalidade (recollida de animáis segundo a legislación vixente, construción dunha canceira para cans e gatos, creación dun espazo na praia para o paseo de mascotas e mellora dos espazos urbanos existentes)
7-Transparencia das contas públicas publicando en tempo real a contabilidade (ingresos, gastos e adxudicacións varias). Auditoría externa ata onde o permita a lei.
8-A creación dun parque inclusivo, acondicionamento dos existentes e a creación de novos espazos de ocio, onde os solicite a veciñanza.
9-Plan de conservación de castros, muíños, lavadoiros e patrimonio en xeral, (refuxio de Bértoa)
10-Novo plan de seguridade cidadán que remate co alto índice de delincuencia.