25
Tratouse dun sanguento enfrontamento entre dúas bandas criminais rivais nun remoto cárcere do interior do estado amazónico de Pará, situado no norte de Brasil. Ao termo de máis de cinco horas de motín, as autoridades confirmaron que polo menos 57 reclusos do Centro de Recuperación Rexional de Altamira, no sueste do estado, perderon as súas vidas. De entre eles, 16 foron decapitados e os outros 41 falecidos morreron asfixiados a raíz do fume que se propagou por diversos espazos do complexo carcelario despois de que os atacantes se encerrasen nun salón e incendiaron o local. Trátase da maior masacre en presidios brasileiros no que vai de 2019.