Cerceda acolleu a proba deportiva ‘Os 11 das vías’, un evento para dar a coñecer a Vía Verde

1 minutes read

Cerceda acolleu este sábado a proba deportiva ‘Os 11 das vías’, un evento que pretende dar a coñecer a Vía Verde, que conecta actualmente Cerceda con Oroso, e tamén a área de lecer xerada na antiga Estación de Queixas-Cerceda, rehabilitada como albergue turístico. 

A proba, en favor da Asociación Española contra o Cancro (AECC), estivo organizada polo Club Atlética A Silva, o Albergue da Estación de Queixas-Cerceda e o Concello de Cerceda. 

Deu comezo ás 17:00 horas coas carreiras para menores e ás 18:00 horas foi o pistoletazo de saída para a carreira. Vinte minutos despois, ás 18:20 horas, celebrouse a andaina, con catro quilómetros de percorrido. As cantidades serán doadas parcialmente para a investigación oncolóxica e financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.