A 11.º edición do Salón VO Vehículo de Ocasión celébrase en Santiago de Compostela, no Recinto Feiral de AMIO, desde este xoves día 8 ata este domingo 11 de Xuño.
Máis de 25 concesionarios e compravendas, máis de 800 coches e motos con grandes descontos para este evento, 17.000m2 de exposición onde, como sempre, atopará o seu coche ideal e de entrega inmediata.
KM0, seminovos (coches con menos de 4 anos) e segunda man. Todos con garantía e totalmente revisados.
Haberá modelos de practicamente todas as marcas de coches, Audi, Bmw, Seat, Volvo, Toyota, Cupra, Skoda, Fiat, Jeep, Hyundai, Honda, Citroen, Opel, MG, Subaru, Mitsubishi… Tamén haberá concesionarios de motocicletas, Honda, Kawasaki, Piaggio, Aprilia, Vespa, Sym, Ktm, Husqvarna, Zontes, Bmw etc… Polo que haberá unha gran variedade de motos das marcas máis punteiras do mercado.
Tamén estarán presentes as últimas novidades en vehículos de gama ECO, eléctricos, híbridos e híbridos enchufables que cada vez teñen máis importancia no sector. A variedade no Salón VO tanto de modelos como de prezos sempre é xigante, con vehículos desde os 5.000€ ata os 70.000€. Tanto compactos, berlinas como os tan demandados Sub, que continúan gañando terreo nas vendas e nos deseños dos fabricantes.
A gran vantaxe que dispón este evento, é que se pode realizar unha comparativa en horas que levaría semanas ou meses para poder visitar tanto como ofrece. Unha gran oportunidade para cambiar de coche aproveitando a rebaixa de prezos moi por baixo do habitual.
O horario é de 10:00h a 20:00h o Xoves 8, venres 9, sábado 10 e Domingo 11 de Xuño. Custo da entrada 3€. Nenos de ata 12 anos gratis. O evento está rganizado por Dolecer Eventos.