A segunda edición da ‘Foliada do Agro da Ponte’ chega este sábado a Santa Comba

1 minutes read

A segunda edición da Foliada do Agro da Ponte terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño no recinto feiral de Santa Comba. A comisión de festas de Alón e a asociación Axio Mouro volven a unir esforzos neste evento, contando coa colaboración do concello de Santa Comba.

Desde as 12:30h celebrarase o Festival de fin de curso da A.C. Axio Mouro e a partir das 15:30h chegará a Foliada. Contarán con actuacións de diversos grupos de música tradicional galega, xogos tradicionais, torneo de chave, sorteos, postos de artesanía, torneo de chave, inchables e non faltará a boa gastronomía (churrasco e pinchos).

A primeira edición foi un éxito rotundo, celebrada o pasado ano na praia fluvial de Esmorode. Este ano todo estaba listo para repetir a ubicación, pero en previsión da metereoloxía do sábado; os organizadores comunicaron o seu traslado o Recinto Feiral de Santa Comba:

“Debido ás previsións meteorolóxicas dos próximos días a ubicación do Festival de Fin de Curso e da II Foliada do Agro da Ponte procede a cambiarse para o RECINTO FEIRAL, ubicado detrás do edificio Multiusos de Santa Comba. A festa sigue, pero ben abrigadiños! Agardámosvos!” Así o facían público a Asociación Cultural Axio Mouro nas súas redes sociais.