13
Os clientes do supermercado están impresionados co suceso, igual que as empregadas, que intentan repoñerse do susto. Os veciños dunha vivenda próxima foron testemuñas de todo que estaba a ocorrer. Axiña alertaron á policía, mentres outros veciños acompañaban ás vítimas do roubo. Os axentes chegaron cando o home fuxía e perseguírono. Ao verse acurralado, tomou unha persoa como refén e tamén a ameazou cunha navalla. A policía desarmouno e detívoo. Os veciños e as empregadas do supermercado celebran o arresto, pero o suceso preocupa neste barrio compostelán. O suposto autor deste roubo con violencia e intimidación está pendente de pasar a disposición xudicial.