UCIN denuncia que o pacto entre o PSOE e o PP no Concello de Ames xerou controversia e descontento entre os votantes. Afirman que o PSOE liderado por Blas García, busca gobernar en solitario e para logralo decidiu aliarse co Partido Popular de Oliva Agra, deixando fora ao BNG. Con todo, esta alianza foi considerada por moitos como un engano aos electores que confiaron nos resultados electorais para representar os seus intereses e chegar a cabo unha xestión transparente e equitativa.
Un dos aspectos máis cuestionables deste pacto é o beneficio económico que obtén o Partido Popular. A través do acordo, sumáronse tres dedicacións parciais e dous postos de persoal auxiliar ao partido, xustificándoo baixo o argumento de contar agora cun edil máis. Esto implica que as concellerías serán exclusivas do partido do señor Blas Garcia quen ademais recibirá un soldo bruto anual de 58.000 euros. Se sumamos os soldos dos concelleiros con dedicacións exclusivas e parciais, xunto co do alcalde, atopámonos cunha cifra alarmante: estímase que se gastarán aproximadamente 300.000 euros ao ano, provenientes directamente dos impostos do contribuínte.
Esta asignación orzamentaria tan elevada para soldos políticos xerou un gran malestar entre a cidadanía.
En UCIN Ames consideramos que é inxusto que se destine unha cantidade tan significativa de recursos públicos a remunerar a uns poucos políticos, mentres hai necesidades urxentes no municipio que requiren atención e financiamiento. A falta de transparencia na toma de decisións e a aparente priorización partidista sobre o benestar dos cidadáns xerou un profundo descontento en Ames.
Ante esta situación en UCIN Ames, cren que é fundamental que os cidadáns se manteñan informados e participen activamente na vida política do municipio. É necesario esixir transparencia, rendición de contas e unha xestión responsable dos recursos públicos, conclúen.