O Castelo será o escenario de múltiples actividades durante este verán en Vimianzo

2 minutes read

Un ano máis, o Concello de Vimianzo volve poñer en marcha varias actividades co Castelo como protagonista. A programación desenvolverase de xullo a setembro arrincando este sábado, 8 de xullo, cunha visita guiada pola fortaleza ás 19:00 horas.

Visitas guiadas

Durante o mes de xullo, as visitas guiadas ao Castelo realizaranse de martes a venres ás 11:00 e 19:00 horas, e os sábados ás 19:00.

Os Batáns e Muíños do Mosquetín poderán visitarse con guía de martes a venres en horario de mañá, ás 12:30 e ás 17:30 horas; mentres para o dolmen de Pedra Cuberta habilitaranse os mércores ás 16:00 horas.

No caso do castro das Barreiras, haberá visitas guiadas todos os xoves ás 16:00 horas, horario compartido co Porto de Cereixo durante os venres.

As visitas guiadas son de balde pero haberá que inscribirse en vimianzo.gal xa que só poderá haber 25 persoas por ruta.

Visitas teatralizadas ao Castelo

As visitas teatralizadas serán a cargo da compañía Os Quinquilláns e terán lugar cada domingo desde o 9 deste mes ata o 10 de setembro. Desenvolveranse ás 12:30 e 17:00 horas e serán totalmente gratuítas.

Será necesario inscribirse previamente na web municipal, no apartado de Turismo, e os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Vimianzo, artesanía viva

A partir do 15 de xullo impartiranse ata nove obradoiros de artesanía de xeito gratuíto no Castelo. Todos serán os sábados ás 11:00 horas. Ademais, o  excepto o do panillo, previsto para ás 17:00 horas.

Os talleres serán diversos ao tratar con diferentes materiais: barro, liño, vidro, fío, madeira ou coiro.

Hai doce prazas por obradoiro (8 no taller de soplar o vidro), polo que será necesario inscribirse na web do Concello. De novo, os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Mostra de artesanía

A mostra de artesanía, situada no Castelo, pode visitarse todo o ano 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas; horario que coincida coa apertura da fortaleza vimiancesa durante o verán.

Desde o Concello confían en que todas estas actividades “volvan ser un éxito, coma todos os anos, xa que son un dos grandes atractivos culturais e turísticos do municipio”.