20
O Concello de Cerceda acolleu a primeira das sete paradas previstas da xincana lingüística promovida polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes. Na xornada, a técnica de normalización lingüística do ente supramunicipal, Irene Bravo, acompañou á rapazada participante na realización de diversas actividades físicas e xogos de mesa dirixidos á promoción do emprego do galego entre o público xuvenil. A previsión é que esta actividade se desenvolva ao longo dos meses estivais polos Concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes.